A proxección está programada para este vindeiro domingo 19 de maio, ás 18.00 horas
16 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Domingo • 18.00 horas • Este 2024 cúmprense 10 anos da rodaxe e estrea de A Esmorga, filme que marcou un antes e un despois na historia do cinema galego máis recente. Foi o primeiro filme galego que deveu acontecemento en billeteiras, e para conmemorar ese aniversario, a produtora Vía Láctea Filmes ten preparadas varias accións. Unha delas pasa polo regreso da película a varias salas de cine con motivo da Semana das Letras Galegas. É o caso de Cee, onde a proxección está programada para este vindeiro domingo 19 de maio, ás 18.00 horas, nos Cines Xunqueira. Os asistentes poderán tomar parte nun coloquio posterior. ¡Ata 15 semanas botou en carteleira a cinta no 2014! Dirixe Ignacio Vilar.